Saturday 18 de May de 2024

As corais Abrente e Airiños de Quenxe participarán no XXV Encontro Habaneras na Pobra


A Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza o XXV Encontro Habaneras.

Esta cita terá lugar no 5 de agosto, a partir das 20.30 horas, na igrexa de Santiago do Deán.

Contarase coas corais Abrente (da Pobra) e Airiños de Quenxe (de Corcubión).

Non se require a inscrición previa.